Aeroportos galegos, nada máis

Estes días diferentes asociación económicas e políticas téñense manifestado con diferentes propostas sobre a problemática dos aeroportos galegos. Todos inciden, como problema fundamental na estruturación xeográfica dos mesmos. Uns manifestan a importancia de promocionar un central e outros fuxindo de localismos optan por estudar outras alternativas.  Desde a Rede Galega de Empresas consideramos que a cuestión prioritaria está en que se realice unha planificación xeral para Galiza, que teña en consideración as función que poidan cumprir cada aeroporto, tanto no relacionado cos desplazamentos de viaxeiros como de mercadorías. Non esta para nós o problema fundamental na estruturación dos aeroportos,  senón na falla dunha planificación territorial aeroportuaria pensada para a sociedade e economía galega, e non para a economía foránea. Unha planificación para nós. Planificación que tería que ter en conta os países cos que temos un fluxo de mercadorias e de persoas importante, así como buscar e potenciar outros, en especial o da nosa área lingüísticas, os países que forman parte do mundo lusono. Falase moito do Aeroporto de Oporto, como modelo, pero esquecese decir que unha das súa chaves esta nos vos directos que ofrece a determinados países do mundo.En  Galiza tería que haber unha oferta de vos directos a determinados países do mundo, para así incrementar o fluxo de viaxeiros. Para nós son necesarias tres premisas básicas para tornar óptimo o noso sistema aeroportuario: a) Unha planificación feita desde Galiza e para os Galegos  -as competencias deberían depender do goberno de Galicia-; B) Unha planificación internacional de vos pensando na características de Galiza– un exemplo, mentres se considere  que o noso turismo e o mesmo que o de levante nada se poderá facer-; C) Unha estudo detallado da funcións que deberían realizar  os aeroportos galegos.