Actividade económico en Campinas (Brasil)

Un grupo de empresas da rede está preparando una actuación económica en Campinas (Brasil). A acción enmarcase na construción de 60 vivendas, contando xa, co terreo para a edificación. Este grupo de empresas medianas da construción téñense unido para a realización deste proxecto, e teñen máis posibilidade de abordar outras iniciativas nesta área. Máis debido ao volume das operacións, necesitan a participación e incorporación de máis empresas que queiran participar nos proxectos. Falamos de proxectos autofinanciados nun elevadísimo porcentaxe dos mesmos e polo tanto, ao alcance das pequenas e medinas empresas que queiran participar nos mesmos.

A cidade de Campinas, que esta a 94 kilometros de San Paulo, é a maior cidade do interior do Brasil. Un dos destinos de alta inversión estranxeira do Brasil. Cun PIB superior ao dos países da zona e dos máis altos das cidades de Brasil. Cun poboación dun millón de Habitantes, e cunha metrópole que suma mais de 2,6  millóns. Cidade que conta  cunha importante estrutura loxística: rodoviaria, ferroviaria e aeroportuaria. O poder de compra da clase 1 e practicamente o dobre da media brasileira e hai un alto consumo na vivenda das clases medias e baixas. Estamos afalar dunha das cidades onde os seus habitantes contan cun alto poder adquisitivo.

A construción civil esta nunha ampla expansión, e con grandes oportunidades nas ramas de negocios imobiliarios.

Información da cidade de Campinas
.

As persoas que queiran información sobre o proxecto, poden pórse en contacto con nós: no noso correo info@empresagalega.org ou no telefono 881031472.