A reforma da constitución non mellorará a economía

Unha polémica reforma constitucional que fraco favor lle fará as pequenas e medianas empresas. Fraco favor lle fará aos sectores produtivos galego e a  imensa maioría das nosas empresas. Unha medida que non da solución as políticas crediticias, ao consumo, ao para,  a produción industrial, a innovación dos sectores produtivos…. En fin, unha medida que só serve para aplacar as demandas dos poderosos da Europa e que alenta o camiño de mais concentración de riqueza nas multinacionais en detrimento de todas as pequenas e medianas empresas. As empresas galegas, sofremos diariamente, dunha maneira brutal está política económica de concentración política e económica.