A patronal galega (CEG), debería mudar a súa actuación con respecto a Galicia

Este días tivo lugar un cambio na presidencia nunha das asociacións empresarias galegas (CEG), a nós gustaríanos que este cambio na presidencia, fose máis que un simple cambio de persoas. É a CEG, a máis das negociación colectivas e convenios coas asociacións sindicais, tivese un papel mais activo na defensa dos empresarios galegos e na solución a crise que sufrimos. Un papel activo no trato por igual ao empresario deste país, onde deixen de primar os interese locais ou particulares de determinadas empresas. Unha actuación, un facer, que teña como principio fundamental a defensa do empresariado galego, a defensa dos sectores económicos galegos, sen sometementos a decisións que, como se está vendo, veñen arruinando e forzando ao peche de miles de empresas galegas. Unha filosofía que prime a empresa galega, que prime o desenvolvemento da Galiza. Que prime a unión do empresariado galego nunha organización que só obedeza aos intereses dos empresarios galegos, en particular as pequenas medianas empresas, que son o 94% en Galicia. Unha organización que propoña alternativas, que manifeste sen ambiguidades a súa oposición a aquelas actuacións administrativas ou políticas que debiliten as nosas economías. Unha asociación, que faga valer os intereses de Galiza, en economías tamén como é a cultural ou idiomática. Unha asociación que mira para o campo económico da lusofonía, dentro desa internacionalización. Unha asociación que se preocupe en apoiar aqueles sectores estratéxicos para o pais.  Unha asociación que sexa mais incisiva en temas como a financiación as empresas, na defensa do sector naval, na oposición as practicas monopolistas que arruínan centos de pequenas e medianas empresas, na defensa dos nosos sectores produtivos.  Unha asociación que pida dos gobernantes galegos que defenda aos seus empresarios polo mundo, e que non se someta os intereses empresarias do goberno  central.    En fin, unha asociación que teña os pés na Galiza e tamén o corazón.

Nós sabemos que para afrontar esta situación é fundamental o entendementos entre o sector empresarial e sindical na Galiza, e os demais sectores sociais. Sabemos que o futuro da Galicia depende de todos os sectores, un sector importante somos os empresarios. Como tal sector temos que opinar sobre os problemas deste pais, temos que propor solucións, e fundamental, temos que deixar de aplicar aquelas que hoxe en dia nos están levando a ruína.

É necesario traballar en proxectos empresarias que busquen perdurar no tempo, proxectos a longa. E necesario afianzar os nosos sectores económicos, entre eles os financeiros. Neste sentido a CEG, debe ter un papel mais activo, para evitar deixar a Galiza sen poder financeiro.

Traballaremos para que o empresariado galego  teñan futuro na Galiza, sabemos que é unha parte desta sociedade necesaria, pero , para iso é necesario que  as asociacións empresarias actuante en Galicia muden os  seus comportamento con respecto ao pais, o consideren como algo vital para as súas actividades empresarias, e polo tanto o defendan das accións que buscan a súa destrución, destrución que tamén nos esta xa afectando a nós, os empresarios.