A PAC, para os anos 2014-2020, negativa para a indústria agrária galega

A política do PAC, deseñada no fundamental por Alemaña e Francia, países que a día de hoxe reciben as maiores subvención por parte do mencionada organismo, non é valida para  a maioría das explotacións agrarias da Europa, e en concreto para as de Galiza. A proposta da Comisión da PAC para o período comprendido entre os anos 2014 e 2020 mantén a estrutura alicerce que veu deseñando até agora, e que a todas luces foi negativa para a industria agraria galega. Pensemos que Galiza ten recibido no último ano perto de 70 millóns de euros, pero isto non evitou o peche de centos de industria e explotación relacionadas co agro A demais a próxima reforma, pretende reducir as axudas en mais do 17%. O chamado«greening» (compoñente medio ambiental para cobrar as axudas) obrigará ao peche de moitas explotacións galegas.  Todo dentro dunha Europa que ten unha balanza comercial deficitaria no sector agro-alimentar. O deseño que se pretende non corrixa, mais ben agrava, o feito básico de  que o diñeiro, aquí ao igual que no resto de Europa non vai na súa maioría aos auténticos produtores, senón que se desvía as empresas comercializadoras ou as grandes industrias, nun claro detrimento da agricultura produtiva en maos das pequenas e medinas industrias e explotacións agraria. Amais de manter un liña condutora ao afondar na desregularización dos mercados e incidindo aínda mais na liberalización dos mercados, o que non fai mais que contribuír a especulación e volatilización dos prezos en detrimento da agricultura produtiva, profesional e xeradora de emprego. Insiste no que mais dano fai a industria agraria ao desregularizar os mercados e liberalizar o comercio agrícola, o que ven a significar mais especulación e volatilización de prezos. Neste sentido cobra importancia solucionar o contrato entre industria e produtor, para pórlle freo as política abusiva das distribuidoras. Tamén cobra importancia regularizar os mercados. Nun sector tan básico e necesario para as persoas, como é o da alimentación. Tamén é necesario apoiar un sector agrario industrial, na Galiza.