A NOSA FALA (no 17 de Maio de 2011)

TEXTO DE CASTELAO.

Ten Galiza un idioma propio? Estamos fartos de saber que o     pobo galego fala un idioma de seu, fillo do latín, irmán do castelán e pai do portugués. Idioma apto e axeitado para ser vehículo dunha cultura moderna e co que aínda podemos comunicarnos con máis de setenta millóns de almas.

O día que houbese unha lingua universal, os galeguistas serían os primeiros en dicir que nas escolas, ademais de ensinar o galego, se ensinase tamén esa lingua. O que pasa é que o Estado o que quixera era que abandonásemos a nosa lingua e que non deprendésemos ningunha máis que o castelán.