A necesidade dunha Banca Pública para a empresa galega

A Rede Galega de Empresas, ven demandando desde fai anos unha Banca Pública Galega. É a razón da mesma, esta na necesidade de contar cun instrumento de crédito que permita financiar o desenvolvemento das actividades das nosas empresas, en especial as que operan nos diversos sectores produtivos do país. Queremos e demandamos, para que  no presente e futuro, as empresas galega teñan unhas condicións estruturais – unha banca pública- que permita o normal desenvolvemento das mesmas e da economía da Galiza a longo prazo.

Hai que dicir que  Banca Pública existe en moitos países do Mundo, onde é de destacar a importancia que ten por exemplo, na Alemaña. O Banco público KFW, que é o principal instrumento da política de fomento económico do país en programas de desenvolvemento interno, en créditos brandos as empresas, en créditos preferentes as exportación. 31 países da Europa teñen Banca Pública. Francia, Suíza, Holanda… Fora de Europa India, Estados Unidos, Brasil, China, Rusia… Si nestes países citados, que por certo, non son os mais inestábeis economicamente, e en outros moitos se conta cunha Banca Pública, porque en Galiza non podemos demandar e ter unha Banca Pública?

Demandamos  e solicitamos desde a Rede Galega de Empresas un compromiso de todas as asociacións empresarias do país, das PEMES, dos autónomos, dos sectores produtivos, das empresas en xeral, un apoio e pronunciamento a favor  dunha Banca Pública para:

1.- Lograr contar cun instrumento financeiro que abasteza de crédito e investimento aos sectores produtivos do pais. Para que as nosos empresas, amais de superar a crise que sofren, podan ter un desenvolvemento  económico normal e contribuían ao desenvolvemento social e económico do país.

2.- Queremos un Banco Público Galego que como as caixa de aforros en Alemaña estean suxeitas a lexislación de cada “Lander”, que como norma xeral estipula que as caixas deben “servir ao interese público da súa rexión incentivando o aforro, así como, “satisfacer as demanda pública de crédito e as necesidades financeiras dos traballadores. As PEMES e os respectivos entes públicos das súas rexións”. Un banco galego,que dependa das institucións pública galegas e  que actúe na economía galega, que sexa comercial e teña capacidade para conceder créditos brandos as empresas e familias, e financie inversións dos empresarios e profesións liberais.

3.- Reclamamos a preservación do sistema financeiro galego, única vía para a superación da crise e o desenvolvemento dos potencias da economía galega e do conxunto da súa sociedade. Un sistema financeiro que oriente a súa actividade cara os nosos sectores económicos, cara as nosas empresas.

4.- Solicitamos que o Estado se faga co control da Novagalicia Banco, cousa que pode facer por decreto – lei, tendo en conta que na actualidade o FROP xa é o accionista maioritario ao ter o 90,6 do capital, fronte ao 6,84 da Novacaixagalicia e o 2,59 de investidores privados. O capital total cifrase en 2.682 millóns de euros, na actualidade. Con este control por parte do estado, o estado debería ceder a representación do capital público a Xunta de Galicia. Así teriamos un accionariado, contando co capital privado, onde o estado, Xunta e Caixa contarían con 50%  do mesmo ou onde a xunta se fixese coa participación do 32% , onde o estado quedaría coa 21%  e a caixa co 7%, , así lograriamos ter un Banco Público con control galego.

5.- Demandamos que no caso de perder Novagaliciabanco,  o Goberno Galego,  as institucións galegas,  creen unha banca pública, xa que ten capacidade legal e capacidade financeira para afrontar o proxecto. Máis hoxe, urxímos como primeiro paso a constitución dun instituto de crédito galego, na Liña do instituto Vasco ou Catalán.

 

Nota (Os datos son tomados dun estudo realizado por Xavier Vence (Catedrático de economía aplicada da USC) en colaboración cos investigadores Brais Yañez Chamosa e Jorge Fernández Montoto.)