A crise segue a golpear a importantes empresas galegas: agora tócalle a móbeis Hermida

Estamos a falar dunha empresa centenaria e con un aporte económico crucial no interior da Galiza. En concellos, como é o caso de Lourenzá, onde agora cerca de 100 traballadores e traballadoras perderan os seus postos de traballo e a comarca perderá o seu maior recurso económico. Unha empresa vinculada a transformación da madeira,  un sector da economía galega importante. A Rede considera que non se teñen feito nin tomado todas as medidas posíbeis por parte dos poderes políticos e financeiros par garantir o mantemento da empresa, da economía da zona e de centos de familias vinculadas aos traballadores. Moitas veces temos ditos, que a empresa galega, ao mesmo que calquera outra empresa, necesita e precisa dun poder financeiro que colabore coa mesma. Necesita dun pode político que atenda primeiramente as súas demandas, e que axude na súa comercialización internacional e nacional. A empresa comezou a actividade nos ano 1955, e foi unha empresa pioneira no deseño, chegando a facturar 21,5 millóns de euros e empregando a máis de 205 traballadores. Falamos de unha empresa de alto rendemento que contaba cunha clara estrutura loxística, elevado standard de produtividade e claros obxectivos empresarias. Pese a todo isto, non aguanta a crise e vese obriga a despedir a un importante numero de traballadores. Malísima noticia para a economía galega, e en especial para a comarca de Lourenzá que unha empresa pioneira como está, sufra este proceso. A rede solicita medidas administrativas, económicas e políticas para parar está sangría que está deixando o territorio galego ermo de empresas, de postos de traballo e de economía produtiva. Algo estase a facer mal, cando non somos capaces de impedir o peche de fabricas destas características. Hai que mudar as políticas que pechas empresas e incrementan o paro.