A caída da produtividade nas empresas galega

Asistimos nestes días a outra mala noticia para a economía galega, e en especial para o sector industrial. Datos oficiais veñen a confirmarnos, algo que os sectores empresarias viñamos palpando desde fai tempo, que a produtividade das  nosa empresas está en caída libre e case a cabeza da caída en todo o territorio galego. Tamén nos veñen a confirmar estes datos que as directrices e políticas aplicadas emanadas e aplicadas polas administración non están sendo atinada na axudar a maioría das empresas galegas, en especial as pequenas e medianas. Parece que non serven, xa que non son capaces de sacarnos da crise e moito menos de aplicar unhas directrices que sirvan para incrementar a nosa productividade e o consumo. Ao noso modo de ver, aquelas políticas que non teñan en  conta, prioritariamente, os sectores económicas capaces de criar riqueza no territorio galego, están destinadas ao fracaso. Tamén o están as directrices emanadas, como estamos a comprobar,  dos grades poderes financeiros. Así que ou as administración fan unhas políticas económicas por e para as empresas de Galiza, ou a nosa capacidade económica será minguada de unha maneira tremenda. As políticas deben estar destinadas primordialmente, as pequenas e medianas empresas que se espallan por todo o territorio galego, e crean riqueza e postos de traballo nos lugares onde realizan as súas actividades. De nada vale destinalas a empresas como Citroën ou Indetex, pois eses sectores non precisan de axudas, nin de financiación..Amais de non ser nin os que mais postos de traballo crean, nin os que mais riqueza crean. A anguria e penurias que sufrimos, xunto a directrices económicas nada acaecidas que se están a aplicar, lévannos a amosar a nosa desconfianza e incerteza na recuperación futura das nosas economías.