21 cefalopodeiros galegos perden as súas licencias a causa da política económica europea

Paso a paso os nosos sectores económicos son reducido a nada. Paso o pouco  sector produtivo é privado da súa actividade económica e obrigado a cesar nas súas actividades e a despedir os seus traballadores. Co novo acordo entre a Unión Europea e o Goberno de Mauritania queda fóra das posibilidades de pesca e tampouco se lle dá alternativas noutros caladoiros.  Segundo o sector cada barco da traballo a 15 persoas, que perderan o seu posto de traballo.

Desde a Rede Galega de Empresas demandamos un compromiso firme de todos os sectores económicos e políticos galegos para enfrontar esta sistemática desfeitas das nosas empresas e do nosos tecido empresarial. Só cun compromiso de todos poderemos enfrontar con éxito un cambio de rumbo nas políticas económicas europeas. é un momento de impulsar unha grande alianza en defensa do pais, e decir, claro e alto, que sa chega de políticas que nos impiden producir e realizar as nosas actividades económicas coa normalidade precisa. Xa é hora de que se teña en consideración a defensa dos nosos sectores económicas .