Representante economico de Angola en Ourense

Nota-de-prensa-Angola

Xornada de contactos de Delegación Económica Angolana por Ourense
O representante da Delegación Angolana Wilson Pegado en compañía de responsables da FRUGA e Rede
Galega de Empresas completaron unha intensa xornada de contactos con productores e empresarios do sector
agroalimentario da provincia de Ourense como foron diversos adegueiros do Ribeiro e Monterrei (Adegas
Casal de Virmadeus, Pazo Valdeconde e Eloi Lorenzo), Alfredo Márquez o responsable da comercializadora
COVIGA de carne de ovino, unha delegación de productores de pataca da Limia encabezados por Xosé
Manuel Nieto, a empresa José Posada-Marrón Glace e finalmente Aceites Abril co Xefe de Ventas de Aceite
Abril.