Xornadas Enoturísticas – Culturais na Ribeira Sacra

A Rede Galega de Empresas e a Asociación Galega Viticultura (Fruga) realizaran unhas xornadas (PROGRAMA) os día 11, 12 e 13 na provincia de Lugo, coa finalidade de impulsar as economías dos produtores de viño, queixo, hostaleiros e casas de comida de Lugo, todo isto, vinculado co sector turístico da provincia de Lugo, e en especial da Ribeira Sacra. Nas xornada participaran estudiosos e especialistas na produción e elaboración de viños e queixos, así como, analistas do sector vitivinícola da Ribeira Sacra, ao longa da historia. Estudiosos do patrimonio cultural da zona. E visitas a adegas e viñedos da Ribeira Sacra.

Con debates – conferencia sobre a comercialización dos mencionados produtos. O obxectivo das xornadas é concienciarnos da importancia das sinerxías entre os nosos sectores produtivos alimentares e as casas de comidas e  hostalería, para propiciar o consumo do produtos galegos entre toda a poboación. As nosas pequenas e medianas empresas, os nosos sectores alimentares terán futuro, si todos tomamos parte na mesma,  neste senso ter importancia mercar do producido no pais. Consumir do noso. Non é posíbel manter ningunha economía propia, mercando do alleo e rexeitando o noso. Non é posíbel pensar que a comercialización exterior salvará as nosas producións,  se non contamos coa comercialización no propio pais. Neste caso, sectores importante da economía do noso agro, como son os relacionados cos viños e queixos, así como os culturais – turísticos serán analizados coa finalidade de abrirlles máis portas na nosa sociedade e axudar a popularizar a súa produción entre as casas de comidas, hostaleiros e consumidores.