Delegación da Rede en Perú

Unha representación da Rede Galega de Empresas ben de culminar unha visita a Perú. Esta visita tivo encontros con representantes institucionais e empresaria do Perú, ao mais alto nivel. No Campo institucional merece especial mención o encontro mantido co Presidente do Consello de Ministros de Perú, o señor Juan Jiménez, quen manifestou o seu apoio e compromiso coa Rede Galega de Empresas no camiño de chamar aos empresarios galegos a que realicen actividades comerciais nos diversas ramas da economía Peruana. O goberno peruano, en palabras de Señor Juan Jiménez ábrenos as portas aos empresarios galegos.

Outro encontro frutífero foi o mantido cos diferentes departamento da municipalidade de Lima-Perú. A destacar o recibimento da señora alcaldesa Susana Villarán polo interese mostrado pola empresas da nosa asociación, dándonos conta dos proxectos de investimento privados que se están realizando e que se van a realizar na municipalidade Metropolita de Lima.

É de resaltar dos encontros mantidos co señor Juan Jiménez e coa señora Susana Villarán a súas respectivas invitacións ao empresariado galego para investir no Pais.

Tamén se realizaron encontros con outras cargos das administración públicas, tanto na municipalidade de Lima, como no goberno nacional.

Outros encontros foron os mantidos coas asociacións de empresarios, onde é de mencionar os encontros cos representantes da Sociedade Nacional de Industria, e tamén cos empresarios do Polígono industrial de Villa el Salvador.

Nos encontros cos sectores empresarias é de destacar os mantidos coas empresas de obras públicas, de enerxía, de agricultura, da madeira, do granito…

Desde a Rede Galega de Empresas consideramos ao Perú como un pais que ofrece un amplo abanico de oportunidades para as nosas empresas, ao tempo que debemos resaltar que a súa economía está nun crecemento constante e é dos mais altos de Latinoamérica. Dicir que a cidade de Lima está no cuarto posto do ranking das cidades de Latinoamérica mais atractivas para o investimento privado. Perú é hoxe, en Latinoamérica e no Caribe o segundo país con mellor adecuación para participar en asociacións público-privado.

A carteira de proxectos tanto na Municipalidade Metropolitana de Lima, como no goberno nacional de Perú é ampla e interesante para as empresas galegas.

Calquera empresario que teña interese en indagar sobre as ofertas e proxectos que se están a realizar en Perú, pódeo facer póndose en contacto coa Rede galega de Empresas. Hoxe xa contamos con representantes permanentes no Perú, e coas suficientes infraestruturas para realizar calquera actividade.