Paremos o recurso do goberno central PDF Imprimir Correo-e
Escrito por Administrator   
Venres, 06 Outubro 2006 19:29

 

A LEI DE CAIXAS DE AFORROS DE GALICIA VITAL PARA O NOSSO SISTEMA FINANCEIRO. PAREMOS O RECURSO DO GOBERNO CENTRAL

 

 

 

Desde a Rede Galega de Empresas, vemos o recurso do Goberno Central contra a Lei das  Caixas de Aforros, e contra a unificación das mesmas, como unha das maiores acometidas que se ten feito contra a propia Autonomía Galega, e en particular  contra todos os seus sectores económicos e sociais. Ao nosso ver estamos ante um feito que pretende cegar definitivamente a prosperidade e sustentabilidade da sociedade galega no seu conxunto, pólo mecanismo de estragala, ao despoxala dunha maneira inxutificábel, e mesmamente ilexítima,  da súa capacidade financeira . Que é dun país, dunha sociedade sen resortes financeiros propios?

 

Consideramos pois:

 

1.- O Goberno Central coa decisión de presentar recurso contra a Lei de Caixas Galegas esta minguando a capacidade financeira de Galiza e pólo tanto taponando a capacidade de decisión política  do Goberno Galego para orientar o sistema financeiro nunha liña de apoio decidido aos empresários do país, que tanto o precisan, e máis hoxe, nunha situación de crises e pólo tanto de  necesidade dunha política creditícia acorde cós tempos. Nós,  pequenos e medianos empresários, seremos un dos sectores  perxudicados con esta decisión.

 

2.- A Lei de Caixa aprobada non Parlamento Galego, legal e democratica, asi como a unificación das mesmas,  é unha  peza chave para o fortalecemento do sistema produtivo e económico. É unha lei útil e necesaria para a economia do país. Tratar de eliminala con malabarismo malévolos  de cuestións de inconstitucionalidade ou técnicas, non deixa de ser unha cortina de fume, o fondo do asunto é que non se quere permitir que Galiza e os seus sectores económicos  conten con recursos financeiros propios. Porque se lle dá este trato a Galiza e non a Euskadi ou Cataluña?

 

3.-  Imos a permitir que os nosos recursos económicos  servan para sustentar economias alleas e non as nosas propias? Estamos dispostos a permitir que a fiscalidade das propias caixas e os seus recursos sexan  xetionados fóra do pais? Nós, consideramos que hai que parar e obrigar ao Goberno Central a que reconsidere tal decisión.

 

 

4.- Desde a Rede Galega de Empresas, estamos convencidos de  que temos a suficiente capacidade para paralizar esta decisión do Goberno Central.  Mais para iso é necesario que o mundo sindical, o mundo empresarial , o mundo social e político, co Goberno Galego  a cabeza,  mobilice as xentes deste país, para así, paralizar esta decisión  inxusta e só xustificábel desde unha perspectiva de cargarse ou debilitar a propia autónomia económica e co mesmo  despoxarnos de resorte financeiros para vivir como galegos.

 

 

 

Compostela, 30 de xaneiro do 2010

Última actualizaciónfeita en Luns, 22 Febreiro 2010 10:11
 

Presentación

video presentación

Publicidade

Cartel
pow3rz crew PIC Devreler CmTr Guzel Sozler