Un bon paso no sector lácteo galego

cooperativasA Rede Galega de Empresa, considerá un bon principio a alianza cooperativista que poñen en marcha  Feiraco, Irmandiños,Melisanto e Xallas.  A unión de produtores galegos, dentro da súa san diversidade,  en calquera campo de actividade económica sempre nos pareceu positiva.

Agardamos que este compromiso entre as diversas cooperativas sirva para impulsar a produtividade das explotación galegas, serva para xerar riqueza nun sector tan imprescindíbel para a nosa economía como é o  agro. Serva para mellorar  a competitividade dos nosos produtos fronte a a abafante presenza de produtos alleos. Serva, en fín, a un ultimo e obxectivo primordial, que é mellorar a situación económica dos galegos e galegas.

O noso sector económico vinculado co agro, terá defectos e debilidades, trampas e enganos, mais sempre deberá ser preferíbel a un sector económico alleo, que non contribue para nada ao benestar dos galegos  e galegas.

Rematamos facendo un chamamento claro as administración e sociedade en conxunto, para que este camiño que inician estas cooperativas teña o  suficiente apoio, para que brote unha pequena esperanza no agro galego e non se torza como desgraciadamente ven sucedendo cos proxectos económicos galegos. Aqui, precisa con toda claridade unha aposta decidida das administración , en especial da Xunta de Galicia.