Produtos galegos na economía de Catalunya.

O balbordo sobre a fuxida de empresas de Catalunya é constante, tamén o soterrado pero intenso boicot aos produtos que nos venden as empresas de Catalunya aos que vivimos noutros territorios da Península. Proceden estes daqueles sectores que pensan que hai que manter a unidade-centralizada de España, aínda que as economías das empresas galegas sufran este boicot igual que padecen outros que o goberno estatal acorda facer a outros países, sen ten para nada en conta o significado negativo que teñen para as fabricas galegas. Canto diñeiro estamos a perder no sector conserveiro e en outros por non poder vender a Rusia, por exemplo. Con estes comportamento non se esta a pensar nas economías nin no ben estar das persoas, só se está pensar en manter unha decadente organización territorial do estado español, pase o que pase cos sectores económicos galegos.

Desde un análise empírico realizado polas empresas que forman parte da nos asociación, temos que manifestar que moitos de nos vendemos os nosos produtos de alimentación e bebidas (pescados, carnes, conservas, produtos ecolóxicos….) no mercado catalán e mantemos relacións económicas con empresas de Catalunya. Asi que o boicot aos produtos catalán non só afecta ao sector económico de Cataluña, tamén nos afecta a nós na mesma medida ou até podemos dicir que en maior medida pola nosa situación económica. Menos mal, que as empresas catalán coas que mantemos negocios e tamén as empresas galegas, non entremos nos xogos de eliminar as nosas relacións comercial nin de boicotearnos unhas as outras.

E seguindo o manifestado até aquí, é oportuno seguir incidindo desde o noso punto de vista empresarial, nunha saída negociada ao dialogo entre o goberno de Catalunya e o do Estado. Xa que profundizar nas vías de confrontación, significa debilitar a economía galega. Non sigamos a vello dito de “tirar pedras sobre o propio tellado”