Estámos co naval galego

A Rede Galega de Empresas, apoia todas as  iniciativas encamiñadas a salvar as empresas auxiliares do sector naval. Dotar de carga de traballo estas empresas é requisito principal para manter a actividade industrial das empresas do sector, así como, para manter a economía de determinadas zonas do país, como é Ferrol ou Vigo. Aínda que non podemos perde de vista, que a perda do sector, ten unha influencia na economía galega, no seu conxunto. Neste sentido a Rede Galega de Empresas chama a participar a todos as empresas auxiliares nestas mobilización tendente a manter a actividade da mesmas. Estamos ante un problema onde os empresarios xunto, aos traballadores, sufriremos, xa estamos a padecer, as consecuencias do peches de fabricas e despedidos de traballadores.  Así que nos sumamos as demandas encamiñada a manter as empresas do sector e os seus empregos, a busca de novas cargas de traballo, a solicitar das administracións públicas un compromiso claro co sector e en especial coas empresas vinculadas ao mesmos.  Pensamos que hai recurso e forza suficiente para acadar os nosos obxectivos, pero necesitamos remar todos, sen excepcións na mesma dirección, que non é outra mais que salvar a nosa economía, as nosas empresas e os nosos postos de traballo.