Alimentos galegos, gustosos na China

A empresa IzaComercial.SL, ven desde 2013 achegando produtos alimentares galegos a mercados internacionais. Colaborando coas pequenas e medianas empresas, criando parcerías comerciais, e tamén institucionais. Dando a coñecer por medio de feiras e loxas propias os produtos das mesmas en diversos mercados. Divulgando as empresas e produtos  nas nosas páxinas WEB, catálogos e folletos en diversos idiomas. Ofertando os produtos a centos de clientes polo mundo. En fin,  hoxe temos experiencia acumulada, para afrontar con máis amplitude o comercio asiático, en especial o Chinés.

Este traballo e experiencia, e que nos leva a  por en marcha a campaña de achegar produtos alimentarios e de bebidas ao mercado Asiático, en especial ao Chinés.

E o noso compromiso en especial con empresas relacionadas con sectores  de alimentación e bebidas;  de bebidas (viños, champan, licores, destiladores..) cárnicas ( variedades do porco, do polo,..) lácteas ( leite fresca, en po, queixos, iogur…) bebidas sen alcohol  (cafés, augas, sumos…) e doces ( chocolates, galletas….) conservas ( atún, sardiñas, pratos precociñados…) Aceites.

Son estes produtos os que  insistentemente nos son demandado  polo mercado Chinés. Izacomercial ten recibido mais  de 300 solicitudes de información de  estes produtos no ano 2016.

E evidente que  é un mercado óptimo para os produtos de alimentación e bebidas, decidimos en base as operación e actividades realizadas xa no ano 2016, por en marcha esta campaña para achegar os sectores de alimentación e bebidas de Galiza a este mercado. Somos conscientes, debido a situación económica que vivimos, que as empresas tamén temos necesidade de vender parte das nosas mercadorías en outros mercados. As empresas galegas- pequenas e medianas- non debemos quedar a cola nesta actividade e os nosos produtos poden ser presentados en outros mercados, neste caso o chinés, si o facemos dunha maneira conxunta. Xa que sabemos que individualmente énos certamente dificultoso polo gasto económico que supón calquera actividade no exterior.

Tendo en conta estas debilidades ofrecemos a posibilidade de participación as empresas que así o queiran, neste proxecto asociativo de diversas empresas.

Ofertamos este proxecto e servizo a 5 empresas polos seguintes sectores produtivos : conserveiros, pesqueiros; lácteos, cárnicos,  aceiteiros,  elaboradores de  doces e bebidas con alcohol e sen alcohol.  A selección das empresas será por ode de solicitude de participar no proxecto. Estamos a falar da participación entre 35 e 40 empresas no proxecto.

 PROXECTO

 ACTIVIDADES EN CHINA.

Esta campaña, efectuarase nos anos 2017-2018, e abarcará as seguintes actividades:

  1. a) Elaboración de unha páxina web para o mercado chinés, en chinés e inglés e portugués, onde se informará dos produtos das empresas que participen. Coa tradución dos catálogos das empresas participantes ao chinés, inglés e portugués.
  2. b) Envío de e-mails a mais de 100.000 empresas chinesas, coa información sobre os produtos das empresas participante.
  3. c) Encontros na China con empresas importadoras, distribuidores e axentes económicos e administrativos relacionados cos sectores de alimentación e
  4. d) Asistencia a unha das maiores feiras alimentaria de China( sial sa/ sial China-2018) SIAL CHINA. É esta a feira gastronómica de innovación máis grande de Asia. Onde se saborean e aprecias os alimentos e bebidas. No ano 2017, participaron mais de 67 países, con 126.500 metros cadrados que dan acollida a   000 expositores e 80.000 profesionais. Destaca este ano, o seu avance no seu escaparate de internacionalización.

Nesta feira  exporanse e presentaranse os produtos das empresas que participen no proxecto. O espazo  Showroom, será unha bon escaparate para que profesionais de todo o mundo podan coñecelos e saborealos.

  1. e) Tenda expositiva dos produtos das empresas que participen, durante un ano nunha das cidades de China.
  1. f) Tramitación do rexistro das empresas de alimentación e bebidas para poder vender en China.

REQUISITOS PARA AS EMPRESAS QUE QUEIRAN PARTICIPAR.

2.1- Os responsábeis das empresas que queiran participar nesta promoción no mercado Chinés e por extensión no Asiático, deberan:

a) Informar da su participación ante do 31 de Xullo do 2017. Enviándonos os seus datos aos e-mail info@izacomercial.eu ou ao izacomercial@gmail.com, ou chamando ao telefone 881031472.

b) O custes para as actividade dos apartado a,b,c,d, son de 500 euros, a pagar en mensualidades de 100 euros. Desde o mes de setembro a xaneiro do 2018.

c) O desprazamento a feira de persoal das empresas participantes, asi como o tramite de rexistros para poder vender en China, serán tratados con cada empresa que solicite estes servizos.

 

NOTA:  Os responsábeis da empresas que participen nesta promoción serán informados mensualmente das actividades que se están realizando, e seralles enviado o catálogo dos seus produtos traducidos ao chinés, inglés e portugués.